Michel Baron - Curso de harmonía
Galego — Traducción : © vazquezcasas@edu.xunta.es

MICHEL BARON

CURSO DE HARMONÍA

« Guiar primeiramente cara o esencial. »

© Tódolos dereitos reservados.
Revisión de xulio 1998

Sitio propuesto en la base Didacsource del
Centre National de Documentation Pédagogique, Francia.

Este recurso está clasificado en el departamento de música clásica,
división de consulta de la Libreria Virtual de la World Wide Web.

Sitio clasificado Top Site Multimania Top Site Multimania
Sitio clasificado en la Microsoft Network Start
Sitio clasificado Cool Site en la Netscape Open Directory

Sitio clasificado en la Encarta en línea, Música y espéctaculos, Musicología

 

PRINCIPAIS FONTES PEDAGÓXICAS:
( sen responsabilidade das persoas citadas eiquí debaixo )

Geneviève Nau
1º premio de violín, de harmonía, de contrapunto e de fuga
do Conservatorio Nacional Superior de Música de París (C.N.S.M.)

Maurice Franck
profesor no C.N.S.M. de París
e no Centro nacional de preparación ó profesorado de música (C.A.E.M.)

Henri Challan
Gran Premio de Roma,
profesor de harmonía no C.N.S.M. de París
e no Centro nacional de preparación do C.A.E.M.

Alain Weber
1º Gran Premio de Roma,
profesor de harmonía no Centro nacional de preparación del C.A.E.M.,
profesor de contrapunto e profesor conselleiro nos estudios do C.N.S.M. de París


LIMIAR Á PRIMEIRA EDICIÓN
( 1973 )

Leín con moito interese o "Compendio práctico de harmonía" de Michel Baron, no que a claridade e a concisión son remarcables.

Esta obra está chamada non só a render grandes servicios ós xóvenes harmonistas, ¡senón tamén a refrescar a memoria dos menos xóvenes!

Todos atoparán eiquí, sen buscas amoladoras, as respostas ás máis diversas preguntas, expostas sen literatura inútil e completadas con exemplos sempre ben escollidos.

Bravo pois, Michel Baron, . pode vostede estar satisfeito do seu traballo, felicítoo por elo, estando en condicións de apreciar a cantidade de dificultades que cumpríu vencer para levalo a ben.
Henri Challan

Henri Challan   


INTRODUCCIÓN E ADVERTENCIA

O postulado políticamente correcto segundo o cal a harmonía sería unha disciplina que serviría para desenrolar a audición básica é aproximadamente tan pouco serio coma considerar os estudios de medicina coma un estudio previo para asimilar os cursos de bioloxía de secundaria.

É de bon ton igualmente, sobor de todo nas universidades americanas, o limitar a harmonía a ser unha ferramenta indispensable para os cursos de análise. Por outra banda, algúns mandarins afirman que a Música xamáis se reducirá á concepción da obra "escrita". Esta afirmación probablemente non sexa válida máis que para un pequeno sector artístico orientado cara o goce de algunhas decenas de creadores subvencionados. En realidade, toda a música comercial que sufrimos (por exemplo as máis malas publicidades) así como toda a música que a maior parte da xente aprecia (por exemplo as mellores músicas de películas) están sempre escritas segundo os principios básicos da escritura clásica, calesqueira que sexan as variantes e evolucións. Incluso no dominio artístico "serio", moitos creadores que coñecen seu oficio, finalmente interpretados moito máis regularmente que certos mandarins dos que a súa moda pasa axiña, seguen a continuar utilizando a forma escrita. Non existe pois ningún anacronismo hoxe ó estudiar a harmonía clásica a fondo, en tanto que comenzo do aprendizaxe da escritura musical, concepto que ten moita máis utilidade e porvir social ca carreira das linguaxes personais: hoxe semella coma se ningún creador poidese permitirse ter a mesma linguaxe musical có seu veciño e devera atoparse, primeiramente, "un son propio" para gozar dun bo status profesional. Sábese ben que moitas destas avenidas acadaron sobor de todo alonxar da música, chamada "seria", ó público que ela soupera conservar a través das súas grandes evolucións da primeira metade de século: cando Ravel creóu seu "Bolero", escoitábase ás veces ás persoas asubiar o tema na rua. ¿Escoitóu vostede a alguén asubiar calqueira cousa de Boulez ou de Stockhausen no metro?. Ah ben, ¿será somentes porque é demasiado difícil?

30 anos de experiencia na ensinanza da harmonía, en tódolos niveis, autorízanme a describir eiquí algunhas situacións máis dunha vez verificadas.

A premisa principal para aborda-la harmonía é ter unha boa representación mental dos acordes de tres e catro sons (escoitalos, recoñece- los nomes das notas que os compoñen, coma por exemplo no dictado a tres voces). O estudiante debe sentirse completamente a gusto neste dominio, pois o curso de harmonía requerirálle, ademáis, aprender a imaxinar, a elexir tal ou cal acorde (ou tal grao, tal función).

O estudiante que non ten preparada a audición vertical denantes do curso de harmonía habitualmente progresa lentamente. Máis grave ca súa lentitude : suple seu retraso auditivo por medio de razoamentos lóxicos, intelectuais. Istas muletas, aínda que funcionando máis ou menos ó principio, non o conducen lonxe: infaliblemente, dende que o seu razoamento, mesmo interesante, lle leva a varias posibilidades lóxicas pero das cales desgraciadamente as tres cartas partes son feas (estudio das modulacións, por exemplo) o estudiante toca teito e descúbrese sen dotes propiamente musicais para progresar, perde un ano, ten unha equivocada experiencia do curso ou abandoa.

Noutros termos, a maior parte das faltas repetitivas e aparentemente non correxibles, por parte dos alumnos, proveñen do feito de que é moito máis difícil recoñecer ou reutilizar un concepto memorizado intelectualmente que reatopar auditivamente a mesma cousa en tanto que acontecemento sonoro coñecido, reatopado mil veces na vida musical de tódolos días. Caricaturizando isto, o estudiante intelectual, pero non desenrolado no plano auditivo, non sabería recoñecer ou reatopar esta imaxe no intre no que tería necesidade dela para harmonizar (seu esprito non pode funcionar coma unha máquina, e mesmo si poidera ¡qué bela vida de artista!): anda ás palpadelas coma un cego... Polo contrario, o estudiante que non se plantexa demasiados problemas intelectuais, pero que é intuitivo, e un bó oínte, reterá sen esforzo, co seu oido, as reglas xeráis, os casos particulares, etc., a partir duns clichés auditivos ben coñecidos e progresará ó menos tres veces máis rápido. ¡E isto non é máis ca xusticia!

En efecto, o obxectivo dos estudios de escritura é manipular os sons, as sensacións, os desexos de sensacións sonoras, as eleccións en función de criterios estéticos ós cales nós atribuimos un senso musical, consecuencia da nosa cultura común de música occidental. A lóxica, o razoamento, aínda que subxacentes ( pódese analizar todo e non importa qué) non son os primeiros creadores en ningún acto musical e non os axudarán máis ca no plano da construcción formal, que é por outra parte raramente complexa nun primeiro nivel, con máis forte razón (non os axudarán) nos exercicios breves. En definitiva, todo o que será discutido no curso de harmonía debe corresponder, na vosa mente, á unha representación sonora moi clara, a falta da cal sentirédesvos exactamente coma cegos nunha escola de pintura, apertando tubos de cores que tiveran borradas as etiquetas. ¿Qué escola de artes visuais aceptaría tales alumnos?. Esto mesmo debera acontecer na música, pero acontece que na audición pódese finxir sempre.

O contido deste curso representa o esencial que se debe coñecer sen titubeos, tanto máis canto as reglas que eiquí se atoparán expresan o bó sentido e a busca dun bó equilibrio sonoro. Para unha resposta rápida e máis detallada sobor dun tema máis raro ou máis complexo, consultade o recente Compendio de harmonía tonal de Marcel Bitsch. No que concerne á elección de exercicios específicos, a serie progresiva dos 380 baixos e cantos dados de Henri Challan é incomparable. Para traballos máis avanzados e o estudio dos estilos, consultade a bibliografía ou dirixirvos a un profesor.


Desamarre versión cadros Desamarre versión sen cadros
Menu da versión sen cuadros:
  1 - Introducción 11 - Retardos
  2 - Regras xeráis 12 - Oturas notas estrañas
  3 - Quinta 13 - Pedais
  4 - Sexta 14 - Baixos non cifrados
  5 - Cuarta e sexta 15 - Coral e outros estilos
  6 - Modulacións 16 - Táboa de cifrados
  7 - Sétima de dominante 17 - Bibliografía, biografías
  8 - Sétimas de especies 18 - Lugares útiles, buscas
  9 - Novenas 19 - Extractos de tratado
10 - Alteracións 20 - O autor       Vos remarques seront certainement utiles !e-mail

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos sóamente.
Iste sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.

Iste sitio, entende estar conforme ca legislación canadiense sobre dereitos de autor,
segundo a Convención de Berna e a Convención universal sobre dereitos de autor.
En caso de aparente infracción, sexa tan amable de poñerse en contacto directamente co autor
a fin de resolver de contado calqueira litixio.

Ce site entend se conformer à la législation canadienne sur les droits d'auteurs,
selon la Convention de Berne et la Convention universelle sur le droit d'auteur.
En cas d'apparente infraction, veuillez communiquer directement avec l'auteur afin de résoudre immédiatement tout litige.

This web site strives to fully comply with the Canadian copyright law,
according to the Bern Convention and the Universal Copyright Convention.
Should you feel that this site displays any material that raises an apparent copyright infringement,
please e-mail immediately michel.baron@videotron.ca to have any infringing component promptly removed.

Optimizado para
Get Microsoft Internet Explorer