Michel Baron - Curso de contrapunto riguroso
Galego — Traducción : © Manuel Alberto Vázquez Diz ( sitio: Músicanaescola )

 

MICHEL BARON

 

CURSO DE

CONTRAPUNTO RIGUROSO

Con exemplos nos modos maior, menor e gregorianos
por Philippe Bégin, André Côté, Julie Carpentier, Johanne Couture, Lucie de la Sablonnière, Céline Fortin,
Annie Fortin, Émilie Jean, Pierre Lamontagne, Anne Little, Véronique Lord, Régis Rousseau, Janick Tremblay, Georges Hertzog e o autor,
así como exemplos compostos por informática.

© Tódolos dereitos reservados
Revisión completa, textos e exemplos : mars 2014

Sitio proposto na base Didacsource do
Centre National de Documentation Pédagogique, Francia.

Este recurso está clasificado no departamento de música clásica,
división de consulta da Libreria Virtual da World Wide Web.

Sitio clasificado na Microsoft Network Start
Sitio clasificado Cool Site na Netscape Open Directory

Sitio clasificado na Encarta en línea, Música e espéctaculos, Musicoloxía

 


Limiar á primeira edición

Despois do Compendio práctico de Harmonía, aquí está o Curso de Contrapunto do señor Michel Baron.

Claro e preciso, este pequeno tratado enuncia as regras esenciais do contrapunto simple e invertible, deixando ó profesor a tarefa de guiar ó alumno na elección dos encontros de notas e de sinalarlle as licencias que pode tolerar, sendo o único criterio a tomar en consideración neste caso a musicalidade do contrapunto. Ademais, o señor Baron ilustra con exemplos musicais, que realizou na miña clase, as regras que formula para as diferentes especies do contrapunto, o que quita toda aridez a esta obra e fai a lectura atractiva e agradable.

É polo que, sen ningunha dúbida, este pequeno tratado está chamado a rende-los máis grandes servicios, tanto ós profesores para a súa ensinanza, coma ós alumnos que desexan iniciarse nesta disciplina musical e espiritual que é o contrapunto riguroso.

Jean-Louis Martinet

 

Jean-Louis Martinet
Ex-profesor do
Conservatorio de Música de Montréal


Limiar

Os estudios musicais limítanse cada vez menos á mestría nun instrumento e ó coñecemento dalgunhas disciplinas fundamentais: unha boa cultura musical debe incluí-la práctica da harmonía e do contrapunto, mesmo para os estudiantes que non vaian adicarse á composición. Por isto pareceume útil presentar dun xeito conciso o conxunto das regras do contrapunto riguroso, a fin de que os alumnos que non desexen consultar de golpe un voluminoso tratado, poidan beneficiarse dos mesmos principios.

Séxame permitido dicir aquí canto debe esta obra á viva ensinanza de Jean-Louis Martinet quen foi alumno de Charles Koechlin en fuga, e de Mme Pelliot, a repetidora de André Gedalge, en contrapunto. Máis que simples notas de curso, esta recopilación quere ser fiel ós principios desta escola de escritura que busca no contrapunto non só unha disciplina musical, senon tamén espiritual.

Podería ser útil ós usuarios deste curso saber que o programa de contrapunto da miña institución foi correxido varias veces por diversas directivas pedagóxicas : así, houbo unha época na que non se recomendaba ningún tratado a título de referencia. Seguidamente veu outra na que o Traité de contrepoint de Noël-Gallon e Marcel Bitsch foi designado como referencia para resolve-los litixios entre xuíces a nivel de concurso. Seguíu outra época na que non había ningún mestre nen ningún tratado de referencia. A tarefa do profesor volvíase todavía máis ardua ó estaren na encrucillada da seguridade militar dun rigor absoluto e o risco de diversos enriquecementos musicais ó prezo dalgunas licencias coas que algún xuíz podería non estar de acordo.

Así pois, este curso coñeceu diversas modificacións a partires da súa primeira edición, xa sexa para precisar mellor certos detalles ou ben para conformarse mellor ós avatares dos programas. Agora está ilustrado con numerosos exemplos realizados polos meus alumnos, o cal eu agradezo por este aporte de diversidade. Un único contrapunto, o de Ann Little, non proven das miñas clases.

Verdadeiramente, non é doado redactar un tratado, ou incluso un curso de contrapunto. Incluso o gran Dupré deixouse ir ó enuncia-la poderosa recomendación seguinte no seu Cours de Contrepoint (página 9) :

« Para obte-lo movemento conxunto absoluto, (é dicir, a escala) o alumno debe esforzarse en evitar todo movemento disxunto . »

É polo que o presente curso continuará sendo posto ó día e mellorado tendo en conta as correccións e observacións que os meus colegas ou os meus estudiantes teñan a ben transmitirme.

M. B.


Agradecería infinitamente ás persoas que puidesen procurarme
fotos (libres de dereitos) de todo profesor mencionado neste sitio !
Verificación da 1ª version Web, textos e letras : Ginette e André Côté

Active versión cuadros Active versión sen cuadros
Menu da versión sen cadros
  1 - Limiar 11 - Catro partes: especies 1 2 3 4
  2 - O espírito do contrapunto 12 - Pequenas mesturas
  3 - O traballo 13 - Grandes mesturas
  4 - Regras comúns 14 - Florido
  5 - Cantos dados (C.D.) 15 - Cinco partes e máis
  6 - Dúas partes: especies 1 2 3 4 Florido 16 - Contrapunto invertible
  7 - Tres partes 17 - Imitacións e canons
  8 - Especies 1 2 3 4 18 - Bibliografía, biografías
  9 - Pequenas mesturas 19 - Lugares útiles, búsquedas
10 - Florido 20 - O autor   Vos remarques seront certainement utiles !e-mail    © ZIP

HOME

© Michel Baron - Utilización con fins comerciais estrictamente prohibida.
Utilización autorizada con fins personais ou pedagóxicos soamente.
Este sitio está mantido de xeito benévolo e sen finalidade lucrativa.

Iste sitio, entende estar conforme ca legislación canadiense sobre dereitos de autor,
segundo a Convención de Berna e a Convención universal sobre dereitos de autor.
En caso de aparente infracción, sexa tan amable de poñerse en contacto directamente co autor
a fin de resolver de contado calqueira litixio.

Ce site entend se conformer à la législation canadienne sur les droits d'auteurs,
selon la Convention de Berne et la Convention universelle sur le droit d'auteur.
En cas d'apparente infraction, veuillez communiquer directement avec l'auteur,
michel.baron@videotron.ca, afin de résoudre immédiatement tout litige.

This web site strives to fully comply with the Canadian copyright law,
according to the Bern Convention and the Universal Copyright Convention.
Should you feel that this site displays any material that raises an apparent copyright infringement,
please e-mail immediately michel.baron@videotron.ca to have any infringing component promptly removed.

Téléchargez-le et mettez fin à vos problèmes!
Verificado sobre Internet Explorer.
Graciñas por sinalar toda anomalía a michel.baron@videotron.ca.